Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

Temporada de alfombras (I)

Chegan o curso, as actividades, as primeiras chuvias do outono… e tamén comeza a temporada das alfombras, ese momento en que os nosos espazos piden maior calidez.
Unha alfombra pode marcar a diferencia, vestindo máis elegantemente o espazo, ou polo contrario, dando un toque de informalidade e diversión. É coma os complementos, xogando coas posibilidades pódese cambiar completamente un look.
Repudiadas durante un tempo, voltan a ser tendencia grazas, en parte, á enorme versatilidade que nos ofrecen. Xa non só temos marabillosísimas alfombras de lá, senón que a gama de materiais se expande polos acrílicos, os poliuretanos, os vinilos, o algodón, o sisal…
Son precisamente as alfombras trenzadas (antes tipicamente de sisal e agora de infinidade de materiais) as que soben ao podio esta temporada, destacando pola beleza do seu toque artesanal. E non só veñen en formatos rectangulares, senón curvos ou incluso con siluetas.
Ideais para a recepción dun hotel, para os dormitorios, ou para o salón dunha casa… non te conformarás con miralas, tamén quererás pisalas.