Cerrar
logo_footer_nanube
 

Vivenda Amalia

Categoría
Santiago de Compostela, Vivenda
Sobre este proxecto

Nesta vivenda confluímos unha propiedade ilusionada, unha construción singular en prefabricado de formigón e madeira, e nós, que como estudo de deseño e interiorismo, abordamos con moitas ganas o reto de aliñar o xeito de ser de ser dos nosos clientes co seu estilo de vida. Un proxecto minucioso, no que cada detalle foi deseñado especificamente, e no que foi viable experimentar a satisfacción de levar as ideas das xuntanzas de traballo a materializarse na práctica. E todo isto culminado, coma sempre, co selo distintivo de Nanube, caracterizado pola elegancia, a calidez e o acento no esencial.