Nanube no número de primavera da revista Coralia
No número de primavera do 2017 da revista Coralia (revista compostelá de tendencias) publícase a conversa que Xema Varela de Nanube mantén coa equipa redactora. Unha longa e entrañable entrevista na que se fala da visión, das inquietudes e da enerxía creativa de Nanube.
Aquí vos deixamos tan só algúns dos destaques (para abrir boca), pero convidámosvos a ler a reportaxe completa que leva por título “Nanube, a elegancia do equilibrio”:
“Cada encarga é única, por iso non temos solucións tipo nin estamos suxeitos a unha idea estrita nin teimamos nunha liña creativa predeterminada”.
“Hai xente que entende o deseño como unha actividade totalmente desvinculada do mundo da arte, pero nós pensamos ao contrario, entendendo que non só deben confluír, senón que deben ir da man en todo momento”.
“Os bos deseños de interiores son os que melloran co tempo, os que collen pátina”.