Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

Nanube acondiciona os espazos do programa Argos

Nanube tivo o pracer de acondicionar os espazos de traballo, tanto individuais como colaborativos (co-working), do programa de emprendemento Argos, promovido pola Universidade de Santiago de Compostela.
Baixo a premisa de máximo aproveitamento dos recursos existentes, déuselle nova vida a mobiliario en desuso e apostouse por unha estética distendida cun toque de humor. Ademais, como valor engadido, o propio equipo de Nanube encargouse de facer a man, de xeito totalmente artesán, toda unha serie de elementos decorativos, rótulos, pezas de mobiliario… coa conseguinte personalización do resultado.
Baixo a envolvente do nome de Argos, xa que este espazo ía ser empregado por “argonautas”, traballouse con asociacións marítimas, destacando o uso de cores náuticas e os motivos de raias.
O fío conductor proporcionouno a metáfora de partida: uns mozos/as aos que o avó dun deles cede o taller no que traballou de construtor de barcos para que o utilicen para crear unha empresa. Roepromazperdu A partir daí, e a grandes rasgos, o primeiro que fan é marcar o espazo ocupado cunhas cruces de cores que os identifican e instalar uns rótulos co seu nome formado con corchos de botellas. Recuperan mobiliario de traballo que teñen pola casa, facendo uns arranxos eclécticos e informais, e dan un toque final apañando as cadeiras de praia da avoa para crear unha zona de relax.