Mulleres que inspiran
No mes de outubro do ano 2021, Xema Varela, emprendedora e fundadora de Nanube, ten o pracer de intervir dando unha charla no evento “Alma rural” organizado pola Xunta de Galicia.
Baixo o lema “Mulleres que inspiran”, mulleres de referencia en moi diversos eidos profesionais comparten as súas experiencias traballando no rural ou a partir do rural, nunha xornada que se desenvolve con grande optimismo grazas ás visións aportadas.
A intervención de Xema Varela fálanos de como crear a partir do material persoal, tendo como referencia o rural e acudindo ás memorias das xeracións anteriores. A charla artéllase arredor da lenda do fío vermello, que neste caso serve como fío conductor para conectarnos co territorio e con outras persoas.
Podes ver a intervención completa no seguinte enlace: