Esencia Agranola
Cando pensamos nunha boutique, asociámola inmediatamente ao sector da moda. Pero tamén pode haber boutiques de alimentación, por exemplo, e Agranola é unha delas.
Este comercio de alimentos de calidade, principalmente a granel, ten como carta de presentación unha estética do máis coidada. Nela seleccionamos coa máxima delicadeza ata o máis mínimo detalle para que haxa un sitio para cada cousa e que cada cousa ocupe o seu sitio.
A madeira en tons medios e escuros convírtese na protagonista dun espazo no que a pesar de contar con apenas 50 m2, se consigue transmitir sensación de amplitude e de serenidade.
Ademais, coas cores saturadas dos revestimentos e do mobiliario, lógrase crear un fondo base que resalta ao máximo o produto exposto e lle dá forza ao seu variado colorido.
A fachada, composta por dous escaparates e unha porta de entrada dobre, é un dos elementos máis impactantes do local, sendo unha actualización das antigas fachadas dos comercios. Realizada en madeira lacada en negro co nome do establecimento en branco, invítanos a coñecer sutilmente o que nos agarda no interior e déixanos entrever a esencia dun comercio con moita personalidade.