Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

Nas tripas da Televisión de Galicia

Meterse nas tripas da Televisión de Galicia para remodelar as novas oficinas adxudicadas á empresa Retegal é unha experiencia chea de morriña (a que se sente mentras se percorren os corredores repletos de cartaces coma os de Dallas ou do Xabarín Club) e tamén de ilusión de futuro (ante o que a imaxinación albisca que pode chegar a producirse alí).

Nun lugar tan cargado de significados, o noso cometido pasa por crear un espazo caracterizado pola austeridade e a sinxeleza, respondendo a unhas elevadas esixencias funcionais para cada posto de traballo.

Pártese dun área de traballo moi compartimentada e convírtese nun gran interior diáfano, co que se aproveitan ao máximo os metros cadrados disponibles e as fontes de luz natural. A maiores habilítanse dous despachos, unha sala de xuntas e un cuarto polivalente.

Tamén se adican moitos esforzos a dar un sentido unitario ao espazo, debido a que parte do mobiliario se reaproveita de diversas procedencias. Neste cometido destacan a distribución dos mobles, pensada para unificar e establecer as transicións precisas, e o reforzo da presencia dos elementos de identidade corporativa.

Como resultado, unhas oficinas nas que prima a funcionalidade e nas que se chega a percibir a mellora da fluidez nas relacións de traballo.