Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

Charla de Xema Varela de Nanube no Politécnico de Santiago

Xema Varela de Nanube imparte unha charla para o alumnado de Formación Profesional do Politécnico de Santiago do ciclo de Deseño e Moble.
Nela realiza un percorrido polo proceso completo dun proxecto de interiorismo, desde as primeiras ideas ata a súa materialización, facendo fincapé naquelas cuestións nas que o alumnado adoita ter falsas crenzas.

Concretamente, pon o foco nalgunhas das equivocacións que ten cometido ao longo da súa experiencia e en temas cos que adoita haber máis malentendidos ao producirse a inserción ao mundo laboral.

No seu conxunto, é un bo repaso por todo o proceso tamén para todas aquelas persoas ás que lles apeteza coñecer un pouco máis sobre este mundo do deseño e para afastarse da idea (aínda tan implantada) de que este traballo só se basea na inspiración dun día feliz.

Podedes ver a charla completa a través de este enlace: