logo_footer_nanube

Imaxinamos espazos e convertímolos en realidade

Síguenos
 

Nós

Equipo

En Nanube traballamos coa cabeza nas nubes e os pés na lama. Pensamos, imaxinamos, descubrimos… e tamén nos manchamos, pasando horas a pé de obra, preocupándonos de que todo se materialice como queremos e poñendo sempre moito mimo en todo o que facemos.

 

O timón do noso equipo lévao:

 

Xema Varela

 

De xogar a inventarse espazos nas rochas a ser deseñadora de interiores houbo unha transición natural, que non foi unha liña recta, pero ¿acaso só hai un xeito de chegar a un destino?

 

Traxectoria

 

Socia-fundadora de Nanube [ano 2008]. Experiencia profesional en empresas coma Morgui Sunico ou Martínez Otero. Postgrao en rehabilitación de edificios [Universidade da Coruña]. Cursos de doutoramento de “Arquitectura en Galicia” [Escola técnica superior de Arquitectura da Coruña]. Licenciada en Deseño [Escola técnica superior de Arquitectura de Barcelona]. Enxeñeira industrial [Escola técnica superior de Enxeñería industrial de Vigo].