Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

NANUBE PARTICIPA NA 3ª EDICIÓN DE ESPAZO ABERTO CORUÑA

Espazo Aberto Coruña estáse consolidando en Galicia como un dos máis interesantes eventos anuais do sector do interiorismo, no que empresas de moi diversa índole participan poñendo en común unha nova maneira de facer as cousas. Talleres de cerámica, restauración, estudos de interiorismo, tendas de mobles, artistas, ilustradoras… dánse cita nesta feira e deixan mostra de todo o talento que temos en Galicia.

Como valor engadido para a cidade e paralelamente á feira, unha serie de profesionais do deseño e da arte interveñen nos balcóns da rúa Rego da Auga, provocando unha colorida explosión de creatividade que non deixa de sorprender ás persoas que percorren a rúa durante o mes que dura a mostra.

Nanube tivo o pracer de participar na terceira edición de Espazo Aberto. A súa intervención, nos balcóns da rúa Rego da Auga, estaba inspirada nos Maios e consistía nunha actualización das alfombras florais realizada mediante cintas de material textil, que foi entrelazado manualmente de xeito artesán polo propio equipo de Nanube.