Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

NANUBE DESEÑA A TERRAZA DO RESTAURANTE ABASTOS 2.0

A peculiaridade do restaurante Abastos 2.0 é que a través da súa terraza exterior case se prolonga ata a taberna do mesmo grupo que se atopa enfrente, xerándose unha fluidez que dinamiza os distintos ambientes e que crea moita vida na rúa.

Do redeseño da terraza do restaurante, e tamén da taberna, encárgase Nanube, cunha intervención caracterizada polo máximo respecto ao entorno, a través de elementos que se mimetizan ao momento co casco histórico, como se levasen aí toda unha vida.

Créanse zonas claramente diferenciadas que conviven coa pretensión común de permitir unha experiencia distendida: zona de mesas altas sen taburetes, zona de mesas altas con taburetes altos e con cordón de peche e zona de mesas baixas con taburetes baixos.

En canto aos materiais, prímase o uso da madeira natural e da corda, poñendo o toque máis desenfadado nos taburetes de madeira pintados en cores variadas.