Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

Compostela futura na miña memoria

“Compostela futura na miña memoria” é o título que leva o artigo de opinión escrito por Xema Varela de Nanube para o número de verán do 2017 da revista Coralia.

Na súa defensa da importancia do comercio para a vida e a prosperidade das cidades, Xema apúntanos tres tendencias que, desde o seu punto de vista guiarán o seu futuro inmediato, todas elas vencelladas á “cada vez maior necesidade de recuperar e de crear Memoria”.

Deixámosvos uns fragmentos do texto que permiten albiscar algunha das súas ideas:

“Fronte á homoxeneización crecente, a día de hoxe, a autenticidade eríxese como valor en alza, primando o local fronte ao global e a pequena escala fronte á produción masiva. Neste novo tempo, o deseño dun local comercial implicará unha personalización integral xunto á incorporación de elementos propios e específicos de cada cidade, e reservarálle á arte un papel moi relevante”.

“Co aumento exponencial do nivel de esixencia da xente, tenderánse a rexeitar estes formatos de baixo custo e é previsíbel que só sobreviva o modelo low cost de calidade. Así, a partir de agora, cando se queira abrir ou remodelar un local comercial, haberá que pensar en ser fieis á cidade na que se atopa e, aínda que nos soprenda, será moi importante pensar en facer Historia”.

“Seguirán vixentes os valores vencellados á forza e ao raciocinio, pero prevalecerán a sensualidade, a delicadeza ou a imperfección. Estéticas cunha presenza impoñente deberán complementarse con outras características que as volvan accesíbeis e incluso vulnerábeis”.