Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

“¿Comemos cos ollos? a importancia do interiorismo nun restaurante”

No blog Connections by Finsa publican un artigo sobre a importancia do interiorismo para un restaurante, no que contan coa opinión de Xema Varela de Nanube, entre outras e outros profesionais do sector.

Salientamos algúns dos puntos que se falaron e recomendámosvos encarecidamente ler o artigo completo:

“Para Xema Varela, do estudo de interiorismo Nanube, <<un bo traballo de deseño non pode limitarse ao visual, senón que ten que incluír as sensacións”. En Nanube cren que <<hai que conseguir que o aspecto estético non abafe ao comensal, empregando elementos que se lle fagan familiares de inmediato, e tentando acadar unha atmósfera que o atraia psicoloxicamente sen que saiba racionalizar os motivos>>. <<Os locais nos que hai unha boa sincronización entre o traballo de deseño e o servizo ofertado enténdense mellor a nivel inconsciente e en consecuencia a xente séntese máis cómoda, conseguindo disfrutar de experiencias máis intensas>>”.

“<<É difícil atopar o equilibrio entre a parte creativa e a funcional>>, coincide Xema Varela, <<o deseño pode anular ou axudar a un negocio. O problema é que moita xente aínda entende o deseño soamente coma un exercicio estético, cando non é así. O deseño ten que estar en sintonía cos demais aspectos do negocio>>”.

Xema, de Nanube, insiste <<na importancia de crear atmósferas elaboradas pero distendidas, para o que axuda a mistura de elementos clásicos e contemporáneos, o emprego de materiais naturais, como a madeira, e paletas de cores sobrias>>. Esas foron, xunto coa empatía cos propietarios, as súas guías no deseño do restaurante Abastos 2.0. Situado no casco histórico de Santiago de Compostela, déronlle un <<alma moi galega, para que a xente da cidade o sentise como propio e os turistas percibisen que estaban nun local con arraigo”.

Podedes ler a nova completa en: http://connectionsbyfinsa.com/2017/06/30/importancia-del-interiorismo-en-un-restaurante/