Cerrar
logo_footer_nanube
 

Blog

Ata a cociña da taberna abastos 2.0!

En Santiago hai lugares con sabor e con tradición. Como a taberna Abastos 2.0, que xa se pode considerar un clásico do mercado compostelán e que, cos seus oito anos de traxectoria, parece que leva aí toda a vida.

Actuar sobre este tipo de locais sempre require moita concienciación, porque se corre o risco de estropear unha imaxe con moita impronta, polo que na remodelación desta cociña vista se pon especial fincapé en preservar os conceptos máis distintivos da súa personalidade.

Apóstase de novo por unha iluminación moi tenue, materializada por medio de tiras LED regulables de última xeración e de luminarias decorativas co portalámparas de mármore. E tamén se incorpora o característico punto de luz vermella mediante tiras LED con variación da tonalidade de cor.

Manténse a idea dos paramentos escuros, cun revestimento porcelánico antracita nas paredes e pintura negra satinada no teito, introducindo á súa vez un toque novidoso e contemporáneo a través do pavimento cerámico en acabado cemento, en armonía coa madeira e co aceiro.

A cociña dótase dun equipamento ao máis alto nivel e distribúese para conseguir uns fluxos de traballo optimizados, así como para non deixar espazos mortos.

Por último, dáse vida con detalles como o das cestas de cobre colgadas da xanela, nas que se fan destacar os produtos de alimentación que se colocan.

Así que desta volta non hai dúbida. Chegamos ata a cociña!